Á Unidade de Innovación en Saúde, con categoría de servizo, correspóndelle a realización das seguintes funcións:
- A realización de actividades de soporte administrativo e técnico á actividade innovadora da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
- A aplicación do modelo de xestión da innovación sanitaria aberta da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
- A prestación de apoio administrativo aos diversos órganos colexiados da Plataforma de innovación sanitaria e aqueloutros relacionados coas actividades de innovación, dentro da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.
- A difusión e a participación en iniciativas europeas de innovación e do clúster de saúde de Galicia.
- En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.