Delegación territorial de Vigo

Delegación territorial de Vigo

Delegación Territorial de Vigo

Edificio administrativo da Xunta de Galicia
Plaza de la Estrella, s/n-2º piso
36201 Vigo (Pontevedra)
Tel: 986885912 Fax:986885802
Correo-e: direccion.territorial.sanidade.pontevedra@sergas.es

A Delegación Territorial de Vigo contará para o exercicio das súas competencias, en todo o ámbito provincial, co Servizo de Inspección dos Servizos Sanitarios, que dependerá organicamente do Departamento Territorial de Pontevedra e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e ao cal lle corresponde a realización das funcións que se indican:

  • a) O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito dos servizos sanitarios e territoriais.

    b) A inspección, a avaliación e o control da xestión e a asistencia sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos e autorizacións de uso sanitario, así como a inspección e control das instalacións e servizos sanitarios e recuperadores prestados por mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e enfermidades profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias, dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.

    c) A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as inspeccións en materia de correcta fabricación de laboratorios, fabricantes e/ou importadores de medicamentos, as inspeccións de boas prácticas de distribución de medicamentos nas entidades de distribución e as inspeccións de boas prácticas de distribución de principios activos nos almacéns de distribución destes produtos; as inspeccións para a verificación do cumprimento das normas de correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais; a resolución das reclamacións previas en materia de seguridade social derivadas dos partes médicos de baixa, confirmación de baixa e alta, emitidos polo Servizo Público de Saúde nos casos establecidos na lexislación de seguridade social, sen prexuízo das competencias das entidades xestoras; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.

    d) O desenvolvemento e execución de inspeccións de verificación do cumprimento das boas prácticas clínicas dos ensaios clínicos realizados en centros, servizos e establecementos sanitarios ou outras estruturas asistenciais, así como a execución das inspeccións de acreditación dos comités de ética da investigación con medicamentos.

    e) A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais; instrucións do procedemento e elaboración dos informes técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria.

    f) A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario ou funcionario, con funcións asistenciais no Servizo Galego de Saúde, coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos disciplinarios do persoal estatutario ou funcionario, con funcións asistenciais no Servizo Galego de Saúde; a instrucción e proposta dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e outros centros, servizos e establecementos sanitarios, así como respecto de produtos sanitarios; a inspección e informe das actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e posgraduada nos centros sanitarios; e a realización dos informes complementarios establecidos na normativa xeral de condutores, e de acreditación da aptitude psicofísica necesaria para ter e usar armas.

    g) A participación na fase de reclamación previa do procedemento de reintegro de gastos de asistencia sanitaria prestada con medios alleos e a emisión do preceptivo informe proposta.

    h) A validación dos certificados emitidos polo persoal médico facultativo dos servizos públicos de saúde dentro do procedemento extraordinario de revisión da tarxeta de estacionamento provisional para persoas con discapacidade.

    i) A tramitación das publicacións no Diario Oficial de Galicia e demais diarios oficiais, no seu ámbito de actuación.

    j) En xeral, a supervisión das actividades do servizo e aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.