Impulsarase a transformación dixital da sanidade de xeito que permita construír un servicio sanitario moderno, sostible e resiliente. A transformación dixital ten que xogar un papel clave no futuro da atención sanitaria, posibilitando a virtualización da asistencia, aumentando a satisfacción dos pacientes e optimizando os recursos ao longo das diferentes etapas do proceso asistencial (atención e seguimento virtual, intervencións intelixentes, interaccións automatizadas, educación virtual do/da paciente/coidadores/as …)
Os proxectos poderían incluír o desenvolvemento dunha historia clínica intelixente baseada na aplicación de técnicas de IA, a dixitalización e aplicación da IA en diferentes sistemas de diagnóstico e no soporte de decisións críticas, o desenvolvemento de soluciones 3D de modelos de simulación, a simulación e o emprego de solucións de realidade aumentada, a conectividade de dispositivos médicos mediante 5G, a posta en marcha de plataformas e aplicacións de atención á cidadanía en condiciones de seguridade e protección de datos, o despregue de tele-consulta, o desenvolvemento da carteira de saúde, a implantación de solucións dixitais en materia de xestión, loxística, información, desenvolvemento de probas e diagnósticos e todas aquelas solucións que contribúan á transformación dixital da atención sanitaria.
A acción é complementaria coa actualización da plataforma TIC do sistema sanitario e de saúde pública do REACT-UE.
| Obxectivo Político |
OP 1: Unha Europa máis intelixente |
| Prioridade |
P1A: Transición dixital e intelixente |
| Obxectivo específico |
RSO1.2: Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización á
cidadanía, ás empresas, ás organizacións de investigación e as
administracións públicas. |
| Liña de actuación |
1.2.02: Transformación dixital da sanidade |
| Ámbito de intervención |
- TI0019: Servizos e aplicacións de sanidade electrónica
(incluída a ciberasistencia, o internet de las cosas para la actividade
física e a vida cotiá asistida polo entorno)
- TI0036: Outros tipos de infraestruturas de TIC (incluídos
recursos/equipos informáticos a gran escala, centros de datos, sensores e
outros equipos sen fíos)
|
| Título da operación |
Transformación dixital da sanidade galega |