Aviso Legal
A aplicación "ACUDE" é unha aplicación desenvolvida polo Servizo Galego de Saúde coa que permite ao usuario enviar un aviso aos profesionais cercanos para solicitar axuda en caso de atoparse nunha situación de risco.
Para o seu funcionamento fai uso de diferentes elementos do terminal que requiren os seguintes permisos:
- Teléfono: consultar a identidade e o estado do teléfono
- Ubicación: consultar a ubicación no caso de activación planificada por ubicación.
- Altavoz: reproducir sons.
A aplicación emprega estes permisos exclusivamente para o seu correcto funcionamento á hora de identificar aos usuarios que envían/reciben as alertas, identificando cales están conectados e poden acudir na axuda do solicitante, reproducindo as alertas de forma sonora. En ningún caso se recollen ou empregan estes datos con outra finalidade que non sexa a comentada anteriormente.
Se desexa algunha aclaración pode pórse en contacto co Servizo Galego de Saúde a través da sección de contacto que pode atopar nesta mesma páxina.