Cidadán da Unión Europea: acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica

Cidadán da Unión Europea: acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica

Acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica (ePrescription/eDispensation-eP/eD)
  • A Receita electrónica interoperable europea permite que as farmacias da Unión Europea poidan dispensar receitas electrónicas prescritas noutros países europeos.
  • Trátase dun proxecto enmarcado na Infraestructura de Servizos Dixitais de Saúde Electrónica (eHealth Digital Service Infrastructure ou eHDSI) para a comunicación de información clínica transfronteiriza, que proporciona o acceso a unha atención sanitaria segura e de alta calidade.

BENEFICIOS:

  • A cidadanía con tarxeta sanitaria do SERGAS pode recoller a súa medicación nas farmacias dos países da Unión Europea que estean adscritos ao proxecto.
  • A cidadanía doutro país europeo que estea adscrito ao proxecto, pode recoller a súa medicación nas farmacias galegas.

 

REQUISITOS:

1.- CONSULTA DE PAISES OPERATIVOS

QR.png

 

2.- RECOLLIDA
  • Só poderá recoller noutro país a medicación prescrita na Comunidade Autónoma emisora da súa tarxeta sanitaria.
  • Non é necesario que presente a folla do seu tratamento activo.

3.- IDENTIFICACIÓN

  • Para poder retirar a medicación noutro país debe levar a súa tarxeta sanitaria e un documento con foto (DNI ou pasaporte). Non é valida a tarxeta sanitaria europea.
  • NON poderá retirar a medicación no nome doutra persoa.

 

dni-pasaporte.jpg
 

 

PODE A FARMACIA DOUTRO PAIS CONTACTAR CO PRESCRIPTOR?
Sí. As oficinas de Farmacia terán acceso aos datos do profesional do SNS que lle recetou o medicamento. Isto facilita a resolución de dúbidas e a mellora do proceso.

 4.-PROTECCIÓN DE DATOS

 

Documento_PIN(SANIDAD.gob.es.png
 

 

5.-PAGAMENTO
  • Deberá aboar o 100% do importe da medicación. A farmacia deberá emitir un ticket para que vostede poida solicitar o reembolso na súa Comunidade Autónoma. Non o perda!.

ticket.jpg

6.-PRODUCTOS EXCLUIDOS

Hai algúns tipos de medicamentos que non lle poderán dispensar noutro país:

  • Estupefacientes
  • Medicamentos psicótropos
  • Medicamentos con máis de 4 principios activos
  • Efectos e accesorios ou productos sanitarios
  • Vacinas individualizadas
  • Fórmulas maxistrais
  • Produtos dietoterápicos

pastillas.png

Para resolver as dúbidas que lle poidan surxir en relación co proxecto de Receita Electrónica Europea, pode consultar a sección de preguntas frecuentes da páxina web do Ministerio de Sanidade:

Ministerio de Sanidad - Áreas - Preguntas más frecuente sobre la interoperabilidad de la receta electrónica europea - Ciudadanía