"Adestra a túa saúde” é un programa promovido pola Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar a práctica de exercicio físico como ferramenta clave para a mellora da saúde, a prevención de enfermidades e o incremento da calidade de vida das persoas, especialmente daquelas maiores de 60 anos sans ou con factores de risco cardiovascular.
O programa baséase na prescrición de actividade física dende Atención Primaria, mediante a colaboración estruturada entre o sistema sanitario, os concellos e os profesionais da actividade física e do deporte.
Para isto, créanse Unidades de Actividade e Exercicio Físico (UAEF) nos concellos adheridos, que reciben ás persoas derivadas dende os centros de saúde e que avaliarán a execución da actividade mediante os recursos dispoñibles en cada concello