Neste apartado poderás atopar a información necesaria para dar de alta o teu laboratorio tanto se pertence a Galicia como se está situado noutra comunidade autónoma.
1. Se quere dar de alta un Laboratorio no SINAC o primeiro paso é rexistrarse como usuario do organismo xestor do Laboratorio (administrador básico). A información de como rexistrarse como usuario atópase na parte dereita desta páxina.
Para que sexa aceptado o rexistro que realice no SINAC, deberá achegar a solicitude de alta de laboratorio que atopará na parte dereita desta páxina (MODELO DE ALTA DE LABORATORIO). Dudas, ao seguinte enderezo de correo electrónico:
sinac.galicia@sergas.es.
Xunto coa solicitude deberá:
2.1 Achegar a lista dos parámetros que se determinan no seu laboratorio, xunto cos métodos empregados para a súa determinación, límites de detección, límite de cuantificación, intervalo de incertidumbre de medida e outras variables de interese segundo o art 20 do Rd 3/2023.
2.2 Achegar a acreditación dos parámetros pola norma UNE EN ISO/IEC-17025 (obrigatorio para os laboratorios que superen as 5000 mostras de auga anuais. A partir do 2 de xaneiro de 2028 será obrigatorio para os laboratorios que superen as 300 mostras).
Se o laboratorio, non ten todos os métodos acreditados pola norma UNE EN ISO/IEC-17025, debera presentar tamén unha declaración responsable que indique que os métodos empregados están validados e documentados de conformidade co anexo III. Parte E e coas especificacións que sinala o anexo III, partes C e D.
OLLO: Se o Laboratorio está noutra Comunidade autónoma, ainda que o rexistro na aplicación é diferente, debe remitir igualmente a solicitude de alta de Laboratorio (á Dirección Xeral de Saúde Pública ou ao enderezo de correo electrónico:
sinac.galicia@sergas.es).