O proxecto Nutriescolas, parte da estratexia educativa do "Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade" (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta de Innovación Educativa, da consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O proxecto divídese en varias modalidades para os distintos niveis educativos, dende educación infantil ata bacharelato e/o formación profesional, e teñen como obxectivo traballar todas as dimensións da alimentación dunha maneira integral e transversal e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.
As modalidades adáptanse ás etapas de crecemento nas que se atopan os participantes.
- Modalidade Nutriescolas 0 y Nutriescolas 1, enfocadas á educación infantil e á educación primaria, respectivamente.
- Modalidade Nutriescolas 2, destinada á educación secundaria e bacharelato.
- Modalidade Cociñando con Saúde, destinada á formación profesional