Programa 16 de menús escolares, máquinas expendedoras e cafetarías

Programa 16 de menús escolares, máquinas expendedoras e cafetarías

O Programa 16 de menús escolares, máquinas expendedoras e cafetarías naceu no marco do Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria 2021-2025, coordinado pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición. No novo Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria 2026-2030 continúa como Programa 16, orientado a promover unha alimentación saudable e sostible nos centros educativos mediante controis oficiais e criterios comúns.

En Galicia, a través deste programa revísanse os menús, as frecuencias de consumo dos distintos grupos de alimentos, as técnicas culinarias empregadas e a presenza de produtos que deben consumirse só de maneira ocasional. Compróbase se se incorporan froitas, hortalizas, legumes e peixe cunha frecuencia axeitada e se se limita a presenza de frituras, carnes procesadas e pratos precociñados.

Tamén se valora a variedade das preparacións e a supervisión dos menús por parte de profesionais con formación acreditada en nutrición humana e dietética. A información obtida permite detectar aspectos susceptibles de mellora e orientar os centros, o persoal de cociña e as empresas responsables do servizo. A avaliación non se concibe unicamente como unha inspección, senón como unha oportunidade para av​anzar cara a menús máis variados, equilibrados e adaptados ás necesidades do alumnado

Real Decreto 315/2025, de 15 de abril​, polo que se establecen normas de desenvolvemento da Lei 17/2011, de 5 xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, para o fomento dunha alimentación saudable e sostible en centros educativos​​

​

Maquinas expendedoras.jpg   Cafeterias.png