Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS)

Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS)

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) é unha organización dependente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, que se crea a raíz do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030, co fin de potenciar todas aquelas estratexias locais que melloren a saúde da poboación.

Cales son os obxectivos?
  • ​Promover estilos de vida saudables na poboación galega.
  • Establecer un nexo de unión entre todos os actores relacionados coa promoción da saúde no ámbito local.
  • Analizar a situación en cada territorio galego para optimizar os recursos existentes, levar a cabo boas prácticas e implementar accións para a mellora da saúde da comunidade.
  • Elaborar un mapa de recursos e actividades comunitarias a través da plataforma Atopa Saúde.
  • Desenvolver liñas estratéxicas do Plan Obesidade Zero en Galicia.