Rede Galega de Promoción da Saúde na Poboación Xitana (REGAPXI)

Rede Galega de Promoción da Saúde na Poboación Xitana (REGAPXI)

​A Rede Galega de Promoción da Saúde na Poboación Xitana, é unha das accións desenvolvidas pola Consellería de Sanidade a través do plan “Obesidade Zero en Galicia 2022-2030” que busca reducir a obesidade da poboación galega.

Un dos obxectivos do Plan é reducir as desigualdades e fomentar accións que teñan en conta a equidade, garantindo un acceso xusto aos recursos sanitarios, para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades de desenvolver e manter a súa saúde.