Repelentes fronte ás carrachas

Repelentes fronte ás carrachas

LISTAXE DE REPELENTES EFICACES CONTRA A CARRACHA (fam. Ixodidae ) REXISTRADOS/AUTORIZADOS

Para obter o listado de repelentes eficaces contra a carracha, realizouse unha busca exhaustiva nas páxinas oficiais do Ministerio de Sanidade e na Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios. 

Expóñense a continuación os rexistros consultados e os criterios utilizados para realizar a selección de produtos eficaces contra a carracha (Ixodidae), de uso para o público en xeral e de aplicación tópica e téxtil.

• Rexistro Oficial de Praguicidas do Ministerio de Sanidade (ROP)
Realizar a busca no apartado “número” co código “-50-”. Os resultados mostran todos os repelentes autorizados, e non só aqueles que son eficaces para a carracha, polo que se identificou individualmente cada un deles. 

• Rexistro Oficial de Biocidas do Ministerio de Sanidade (TP19) (ROB)
Realizar a busca no apartado “Tipo de produto e finalidade” coa palabra “repelente”. Os resultados mostran todos os repelentes e atraentes autorizados. Cómpre consultar a resolución de inscrición en cada un deles para localizar aqueles repelentes eficaces contra a carracha (Ixodidae). 

• Axencia española de medicamentos e produtos sanitarios (AEMPS) 
Os resultados mostran a relación de repelentes de insectos de uso humano, eficaces fronte a carracha, vector de numerosas enfermidades, recomendados para previr a infección asociada. 
Debido a que a carracha se localiza no exterior, tivéronse en conta só aqueles repelentes de aplicación tópica (ver TÁBOA 1) e aqueles de aplicación en téxtiles (ver TÁBOA 2), xa que en ocasións a súa picadura pode atravesar algunhas pezas de roupa. 
Excluíronse repelentes cuxa aplicación é de ámbito ambiental (aerosois, dispositivos eléctricos) e aqueles cuxa aplicación se restrinxe a persoal profesional ou persoal profesional especializado. 
Os rexistros consultados non son pechados, se non que están suxeitos a actualización periódica, polo que poden incorporarse novos produtos ou cancelarse outros que no seu momento estaban autorizados. Para obter unha versión actualizada, débense revisar os rexistros antes mencionados.
​​​​​