Sistema de información e avaliación (SAPIS)

Sistema de información e avaliación (SAPIS)

O Sistema de información e avaliación de programas de prevención de drogas (SAPIS) rexistra as actividades realizadas polas entidades colaboradoras coa Consellería de Sanidade no ámbito da prevención das condutas adictivas.

O acceso está restrinxido a aquelas entidades que reciban algún tipo de axuda para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas.

Requisitos de acceso:
- Alta do usuario no sistema.
- Contar cun certificado dixital válido.

Procedemento de alta.

1. Enviar a servizo.condutas.adictivas@sergas.es  o formulario de alta que figura no lateral desta páxina cuberto e asinado dixitalmente.

2. Unha vez autorizada a alta enviarase confirmación mediante correo electrónico.

Para calquera dúbida ou incidencia relacionada con esta aplicación é preciso poñerse en contacto co Servizo de Soporte de Programas Especiais no teléfono 881 541 851 ou a través do correo electrónico soporte.programas.especiales@sergas.es