Número 3: Tempada de carrachas: a Febre Hemorráxica de Crimea-Congo en galicia. Cribado de CCR: é necesario que sexa con colonoscopia? O estudo COLONPREV.

Número 3: Tempada de carrachas: a Febre Hemorráxica de Crimea-Congo en galicia. Cribado de CCR: é necesario que sexa con colonoscopia? O estudo COLONPREV.

TEMPADA DE CARRACHAS: A FEBRE HEMORRÁXICA DE CRIMEA-CONGO EN GALICIA
A febre hemorráxica Crimea-Congo (FHCC) é unha enfermidade vírica transmitida principalmente pola picadura dunha carracha do xénero Hyalomma infectada. Coa chegada da primavera comeza a época de actividade das carrachas, que comeza a mediados de abril e adoita rematar a finais de outono. Cómpre polo tanto  lembrar algunhas das medidas de prevención e vixilancia da FHCC no ámbito comunitario e Atención Primaria, así como as actuacións a realizar ante unha sospeita.

CRIBADO DE CCR: É NECESARIO QUE SEXA CON COLONOSCOPIA? O ESTUDO COLONPREV
O cancro colorrectal (CCR) é unha das principais causas de mortalidade por cancro en todo o mundo. As dúas estratexias máis utilizadas son ou ben a colonoscopia, ou ben o test inmunoquímico de sangue oculto en feces (SOHi) que se utiliza no cribado poboacional en Galicia. O estudo COLONPREV, publicado recentemente en The Lancet e financiado parcialmente pola Dirección Xeral de Saude Pública en Galicia, no que participou o noso Servizo de Detección Precoz de Enfermidades, compara ambas estratexias dentro dun ensaio clínico aleatorizado cunha perspectiva poboacional e coa mortalidade por CCR como resultado principal.