Día mundial do mosquito e detección do mosquito tigre en Bueu e Mos.
O pasado mércores 20 de Agosto celebrouse o Día Mundial do Mosquito, e foi precisamente nese mesmo día no que se confirmaba por primeira vez a presenza de mosquito tigre (Aedes Albopictus) nos concellos de Mos e Bueu mediante notificacións cidadás na plataforma Mosquito Alert e trampeos levados a cabo pola Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec). Tras estas deteccións, cómpre recordar a situación das enfermidades transmitidas por este mosquito (Dengue, Zika e Chikungunya) na nosa comunidade.
Introdución da vacina contra o Dengue no Programa Galego de Vacinación
O dengue é unha enfermidade causada polo virus dengue, cuio principal reservorio é o ser humano e transmítese fundamentalmente a través da picadura de mosquitos do xénero Aedes. No noso país atópase establecido fundamentalmente na costa mediterránea, Andalucía e Baleares. Con todo, o dengue en Europa non se considera endémico e os casos son principalmente importados. Co fin de previr a aparición destes casos, a vacina do Dengue, Qdenga®, ven de ser incorporada no Programa Galego de Vacinación para a súa administración a persoas que viaxen a zonas de risco.