Remisión de carrachas para su identificación

Remisión de carrachas para su identificación

A través da REGAVIVEC, os centros colaboradores (centros de saúde, clínicas veterinarias, centros de recuperación de fauna,...) que queiran colaborar na remisión de carrachas para a súa posterior identificación poñen remitilas á Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Lugo, máis concretamente ao grupo COPAR GI-2120.



  • Facultade de Veterinaria (USC)

  • Grupo COPAR G1-2120. FD 60015

  • 27002 Lugo

  • Persoa responsable: Doutora Maria Sol Arias Vázquez

O material para remitir as carrachas dos centros de saúde colaboradores é facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública (regavivec@sergas.es). Pola contra, o material para as clínicas veterinarias é entregado polo persoal da USC (mariasol.arias@usc.es).

OLLO: Mentres non se envíen exemplares, gardar nun tubo ben pechado, limpo e seco e manter as carrachas a temperatura ambiente (nunca ao carón dunha fonte de calor).​​​​​​​​​