A Subdirección Xeral de Xestión, Calidade e Innovación

A Subdirección Xeral de Xestión, Calidade e Innovación

A SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, CALIDADE E INNOVACIÓN


Correspóndenlle a esta subdirección xeral a xestión interna da dirección xeral e a coordinación dos procesos estratéxicos e de soporte común, incluído o Observatorio de Saúde Pública de Galicia; a xestión da calidade e a implantación dos programas de calidade nas actuacións das distintas unidades implicadas na saúde pública co obxectivo de garantir a mellora continua nos servizos prestados á cidadanía; o impulso, desenvolvemento e coordinación de actividades en materia de innovación no eido da saúde pública; a xestión do coñecemento en saúde pública, integrando a formación e a información tanto dos/das profesionais da saúde pública como da cidadanía, a través da Escola de Saúde Pública; o fomento e coordinación das actividades de investigación no eido da saúde pública; así como todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

 

Servizo de Xestión Organizativa

Funcións:

a) A xestión do persoal da dirección xeral, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras unidades da Consellería.

b) A xestión económica e orzamentaria, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras unidades da Consellería.

c) A coordinación dos sistemas loxísticos de aprovisionamento e a xestión dos medios necesarios para a consecución das actividades de inspección, así como a avaliación das taxas xeradas por estas actividades.

d) A tramitación e xestión dos expedientes sancionadores en materia de seguridade alimentaria, sanidade ambiental, alcohol, tabaco ou outras comprendidas no ámbito de actuación da Dirección Xeral de Saúde Pública, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras unidades da Consellería. e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

  

 

Servizo de Calidade en Saúde Pública

Funcións:

a) A implantación e desenvolvemento da política de calidade establecida pola Dirección Xeral de Saúde Pública para as súas unidades e para a execución dos seus programas e actividades.

b) O apoio técnico ás direccións territoriais en materia de calidade.

c) A coordinación e execución, no seu ámbito, da supervisión das actividades de control oficial en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

d) A elaboración do Programa de auditorías internas de control oficial no ámbito da inspección de saúde pública, así como a súa execución.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

 

Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública

Funcións:

a) A xestión e a coordinación das actividades desenvolvidas pola Escola Galega de Saúde Pública.

b) A coordinación do Observatorio de Saúde Pública de Galicia e o intercambio da información con outras administracións públicas ou entidades con competencias na materia.

c) A promoción da investigación, principalmente no referente á investigación traslacional no ámbito da saúde pública.

d) A coordinación do desenvolvemento da avaliación de impacto en saúde.

e) A colaboración co Servizo de Publicacións e Bibliosaúde na coordinación das publicacións da dirección xeral.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.