A prevención das
condutas adictivas
As
competencias atribuídas á Xunta de Galicia en materia de prevención
de condutas adictivas están asignadas ao Servizo de Prevención de
Condutas Adictivas, dependente da Subdirección Xeral de Estilos de
Vida Saudables.
Funcións
do servizo
As
funcións deste servizo, en virtude do establecido no DECRETO
144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica
da Consellería de Sanidade, son as seguintes:
a)
A planificación, programación, coordinación e avaliación das
actividades de prevención e control de trastornos adictivos, con
especial atención á prevención do desenvolvemento de condutas
adictivas por parte das persoas menores de idade.
b)
A planificación, programación, coordinación e avaliación das
actividades de prevención previstas na normativa referente ao
consumo de tabaco, así como de todas aquelas actividades que así o
requiran.
c)
O desenvolvemento e actualización da carteira de servizos de
prevención en condutas adictivas e a coordinación con todas as
entidades implicadas para o seu desenvolvemento.
d)
A planificación, programación, coordinación e avaliación de
actividades de promoción do benestar emocional incluíndo a
prevención do suicidio a nivel poboacional.
e)
En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, sexanlle
asignadas.
Localización
e contacto